A FADA DAS LAPAS


¡¡Descubre totalmente GRATIS los nuevos libros del año, y los bestsellers del 2016!!
Introduce tu email


  • Autor: MANUEL JANEIRO
  • Editorial: GALAXIA
  • Fecha de salida: 2008
  • Descargado: 11204

Nunha edición singular, con ilustracións de Zita Delaco, Editorial Galaxia publica esta narración transparente e misteriosa que é asemade unha metáfora do noso tempo ao falar da seducción, do amor, da ruptura da parella e da perda dos fillos. Tras o éxito de Pucho, o habitador dos tellados, o seu primeiro libro de narrativa, o deseñador Manuel Janeiro volve á procura dos lectores con A fada das lapas, á vez unha narración transparente e misteriosa na que o autor, sen abandonar a súa preocupación pola linguaxe, mesmo pola linguaxe poética, traza a historia dun ser sobrenatural, das súas relacións cun ser humano e do fillo froito dese emparellamento. En toda a obra latexa un impulso tráxico e mítico, por veces sagrado. Esta nova achega de Janeiro é deses libros difíciles de deixar de ler unha vez comezados. O lector queda atrapado na vitalidade da historia ata advertir que non está inmerso nunha aventura de resonancias medievais e mitolóxicas, senón nunha metáfora do noso tempo que fala da seducción, do amor, da ruptura da parella e da esnaquizadora perda dos fillos.

 

Descargar



admin

Introduce tu email

Ifntroduce tu email:

Delivered by FeedBurner

Categorías
Unete a Nuestra Google+ Page de Libros !!
Facebook