ANTONIO TOVAR POESIA GALEGA COMPLETA


¡¡Descubre totalmente GRATIS los nuevos libros del año, y los bestsellers del 2016!!
Introduce tu email


  • Autor: ANTON TOVAR
  • Editorial: AKAL
  • Fecha de salida: 1970
  • Descargado: 7726

Antonio Tovar (A Pereira de Rairiz da Veiga, Xinzo de Limia, 1921) vive e traballa en Ourense onde, de vagar, escribe algús dos versos máis densos, máis cheos de celme íntimo da nosa poesía. Os críticos da máis diversa feitura (Vicente Risco , Carballo Calero, Alvaro Cunqueiro, Basilio Losada …) téñense pronunciado de xeito inteiramente favorable sobor da súa obra poética. algús, mesmo, xulgan que o seu nome é un dos dous primeiros da poesía galega de hoxe. para outros é un dos mellores poetas con que conta España nesta hora. A pesares do limpo e afervoado pronunciamiento da crítica, o poeta Tovar–escritor, ademáis, de gramática doada- inda non conqueríu o público que voces de menos entidade teñen acadado no país. Este volume contén tres dos seus libros poéticos, dous en reedición (“Arredores”e“Non”) e ún en primeira impresión (“O vento no teu colo”). Co este libro–subtitulado“Poemas a Tucha”, que é a muller do poeta- a poesía de lingua galega asómase a un eido fai tempo pouco transitado, o do amor, un amor cheo de vida e de quentura latexante e sin as arañeiras da retórica e do idealismo. A súa entrega ó amor, á muller,, compañeira, é, ás veces, a fuxida do desamparo e do desacougo no que ten vivido o orfo radical que era Antonio Tovar. Nos outros dous libros o Tovar leva a cabo a tarefa de tnatos e tantos poetas líricos. percurar a intimidade, si ben nel a indagación é tan fonda e tan singular que jai poemas que constituyen un encontro coa mismidade, poemas que constituyen un encontro coa mimidade, unha mismidade de tal xeito configurada que ela por si é xa unha acusación, un alegato contra o mundo. ¡Engalolando poeta o autor que, á forza de se buscar, amósanos, de paso, a fasquía noxenta da sociedade! Na historia da poesía galega–rexeiten o que queiran os antólogos- o nome de Tovar está entre os primeiros. Cumpría, pos, para ben de todos, escorrentar tangaraños e meigallos.



admin

Introduce tu email

Ifntroduce tu email:

Delivered by FeedBurner

Categorías
Unete a Nuestra Google+ Page de Libros !!
Facebook